Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS arrow A Praza de Abastos de Sanxenxo pretende actualizar os estatutos
 
 
A Praza de Abastos de Sanxenxo pretende actualizar os estatutos Imprimir Correo electrónico
Martes, 02 Setembro 2008

praza_sanxenxo_100.jpgSANXENXO > A Asociación da Praza de Abastos de Sanxenxo reclama que se actualicen os estatutos que regulamentan o...

... funcionamento deste establecemento. Para iso, os seus membros teñen pensado manter varias reunións con representantes do Concello local durante este inverno, para facerlle chegar as súas opinións cas que chegar a mellorar o seu funcionamento.

Entre as súas principais reclamacións figuran a de solicitar un maior control sobre os postos de venda, a fin de que todos coticen a seguridade social e paguen os correspondentes impostos, para traballar así en igualdade de condicións. Piden tamén un maior control das autoridades locais para acabar con actividades de intrusismo profesional.

Esta nova regulación estaba pendente da construcción do novo edificio da praza de Abastos; unha normativa que non pode agardar máis namentres as obras non comezan. Por esta razón, os corenta socios da asociación da Praza de Abastos de Sanxenxo esixen ó Concello que fixe unha data para a remate das novas instalacións.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg