Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow BARBANZA arrow A Pobra e Vilanova irmandaranse para difundir o carácter universal de Valle-Inclán
 
 
A Pobra e Vilanova irmandaranse para difundir o carácter universal de Valle-Inclán Imprimir Correo electrónico
Mércores, 03 Setembro 2008

irmanamento_100_030908.jpgPOBRA > Os concellos da Pobra do Caramiñal e Vilanova de Arousa estudan a realización dun acto de irmanamento entre os dous municipios.

As vellas disputas existentes entre os concellos da Pobra do Caramiñal e Vilanova de Arousa, fundamentalmente por determinar cal dos dous municipios foi o lugar de nacemento de Ramón María del Valle-Inclán, poderían ter fin. Os dous concellos estudan a posibilidade de realizar un acto de irmanamento entre as dúas localidades, aproveitando os lazos de unión existentes dende sempre entre os dous pobos, non só a través do afamado escritor, senón tamén grazas á ría de Arousa.

Os dous alcaldes consideran que xa é hora de deixar de lado os localismos e aproveita-la vinculación que Valle-Inclán tiña coa Pobra do Caramiñal e con Vilanova, para que ambos municipios estreiten as súas relacións, potenciando conxuntamente o carácter universal do escritor.

A iniciativa non só afectaría ó ámbito cultural, senón que podería extenderse tamén a outros eidos. Como proba das boas relacións existentes entre as dúas localidades, o alcalde pobrés, Isaac Maceiras, convidou ó alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, a realiza-la ofrenda floral ante a escultura de Valle-Inclán, na Praza do Cantón da Leña, durante as xornadas sobre o escritor que se celebrarán no mes de novembro. Unha invitación que o rexedor vilanovés aceptou con moi bo gusto.

Visita ó mercado municipal

O acordo de irmanamento entre os dous concellos xurdiu durante a visita que unha delegación de Vilanova de Arousa realizou este mércores á Pobra do Caramiñal co fin de coñecer de primeira man as instalacións da praza de abastos desta localidade. O concello arousán pretende construir un novo mercado e púxose como exemplo o moderno edificio construído na Pobra.

Hai dous anos, representantes da Asociación de Comerciantes Vilanova Centro, coñeceran in situ tamén as características da actual praza de abastos pobresa, que foi posible grazas ós fondos da Unión Europea, Xunta de Galicia e o propio concello por valor de máis de dous millóns de euros.

A delegación que acudiu nesta ocasión estaba conformada polo alcalde, Gonzalo Durán, e o concelleiro de Comercio, Javier Tourís, así como tamén por un representante dos praceiros. Durante a visita o rexedor vilanovés interesouse por diferentes cuestións relacionadas co proxecto de construción do mercado na Pobra, como o prazo de execución das obras e as súas características, aínda que o que máis lle chamou a atención sen dúbida foi a resposta dos propios vendedores ó confirmarlle un aumento importante no número de vendas.

Novo proxecto

A intención do executivo vilanovés é iniciar un proxecto de construción dun novo mercado de cara ó vindeiro ano 2009, xa que as características da actual praza de abastos distan moito de se-las máis axeitadas. Con el pretenden crear un punto dinamizador do comercio local, tan importante para un pobo, e ó mesmo tempo de ocio, a través dalgún establecemento que podería situarse na planta alta. O edificio tería unhas características moi semellantes ó da Pobra, xa que as necesidades dos dous municipios son moi parecidas, coa única salvedade que incluiría un aparcamento soterrado na planta baixa para dar resposta así ás carencias de zonas de aparcamento.

O proxecto podería ronda-los tres millóns de euros, para o que o concello vilanovés pretende recadar financiación das distintas administracións.

Redacción Barbanza

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg