Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow BARBANZA arrow As obras de autovía volven provocar inundacións en varias aldeas boiresas
 
 
As obras de autovía volven provocar inundacións en varias aldeas boiresas Imprimir Correo electrónico
Mércores, 03 Setembro 2008

BOIRO > As chuvias rexistradas nos últimos días volveron ocasionar importantes problemas derivados da execución das obras da autovía do Barbanza.

Se ben semellaba que as últimas reunións mantidas polos alcaldes do Barbanza coa empresa adxudicataria da autovía para solucionar os problemas derivados das obras comezaban a dar os seus froitos, as numerosas queixas formuladas polos veciños volveron poñer sobre a mesa o incumprimento dos compromisos adquiridos por Sacyr.

As chuvias caídas dende a pasada fin de semana agravaron os problemas que xa son vellos coñecidos para os veciños dos núcleos polos que discorre o trazado da autovía, como Pazos, Lomba ou Vidres. Desprendementos de terras, lodos ou inundacións pola falta de canalización das augas están a mermar notablemente a calidade de vida dos veciños así como a súa comunicación con núcleos próximos.

Solución inmediata

Ante a infinidade de queixas recibidas polos veciños, o concello púxose en contacto coa Consellería de Política Territorial para esixir unha solución inmediata. O pasado luns, representantes locais reuníronse co delegado provincial, Alberto González, para dar conta das múltiples deficiencias, das que el mesmo xa era coñecedor xa que hai meses mesmo chegou a visitar persoalmente os lugares afectados.

Contestación social

O reiterado incumprimento das promesas realizadas por Sacyr está a provocar unha gran contestación social que mesmo podería derivar en protestas veciñais antes de que rematen as obras.

Para o alcalde boirés a única prioridade da empresa é executar o proxecto sen ter en conta as complicación ocasionadas ós veciños do Barbanza. Así o demostra a falta de sensibilidade cara os propietarios das tres casas de Espiñeira que quedaron ailladas por mor das obras; Sacyr prometera a construción dun paso peonil que ata o momento nin sequera foi proxectado.

Redacción Barbanza

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg