Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS arrow A Xunta acusa ós concellos do Salnés de obstaculizar a recuperación do Umia
 
 
A Xunta acusa ós concellos do Salnés de obstaculizar a recuperación do Umia Imprimir Correo electrónico
Mércores, 03 Setembro 2008

umia_100.jpgSALNÉS > A versión da Xunta de Galicia sobre a situación do río Umia dous anos despois da catástrofe de Brenntag dista moito da ofrecida...

... onte dende as filas do Partido Popular. Segundo o departamento de Medio Ambiente do Goberno Galego xa se teñen investido neste lugar 31.6 millóns de euros nesta conca fluvial. Unha cantidade que podería verse incrementada ata os 49 millóns de euros, tal e como se pactara no seu día cos concellos afectados, se consistorios como o de Ribadumia, Portas, Sanxenxo e Vilanova tiveran cumprido o seu compromiso de achegar os terreos para as infraestructuras que restan para acadar o sanemaento do río Umia.

A maiores a Consellería de Medio Ambiente asegura que no informe que ven de remitir ó Xulgado de Instrucción número 2 de Caldas, se evidencia a recuperación practicamente total do treito do Umia afectado polo vertido de Brenntag no tocante á calidade das augas superficiais e do sedimento, á calidade do solo e das augas subterráneas e á biodiversidade. Ainda máis, a Xunta asegura que desde que ocorreu a catástrofe incoou 41 expedientes sancionadores por diferentes tipos de verteduras que suman un importe de 204.000 euros. Entre estes expedientados atópanse o Concello de Barro ou a Mancomunidade do Salnés.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg