Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Un ladrón avisa a policía namentres está a delinquir
 
 
autonmicas09_top.jpg
Un ladrón avisa a policía namentres está a delinquir Imprimir Correo electrónico
Venres, 05 Setembro 2008

24horas_100.jpgVILAGARCIA > Un vilagarcián de 32 anos de edade, foi detido cando intentaba roubar nunha tenda de 24 horas en Vilagarcía, ...

...situada na intersección entre as rúas Rosalía de Castro e Colón. Eran ás cinco da mañá da amencida do xoves, cando JAFF, logo de dar unha volta polo establecemento escolleu varios productos o seu antollo, ca intención de levalos sen pagar. O botín non pasaba de ser unha lata de fabada, un vaso de nocilla e un pouco chourizo. O paradigmático do caso é que foi el mesmo quen lle dixo ó dependente que non ía a pagar e mesmo foi quen de chamar ós axentes da policía local; tal e como relatou o dependente que o atendeu esa amencida; Alfredo Meis. Ó pouco chegaron axentes da policía local á tenda que intentaron sen éxito convencelo de que abonara a mercancía antes de irse con ela. Este amigo do alleo foi finalmente detido por mor da súa resistencia á autoridade. Mentres tanto, o dependente tomou o caso como unha máis das moitas anécdotas que acontecen ós que traballan durante a noite.

Redacción Salnés

 


Publicidade canalriasbaixas.com
¿ Como sintonizarnos en TDT ?