| A comunidade educativa do colexio de Escarabote esixe o arranxo do centro de ensino |
|
|
| Luns, 08 Setembro 2008 | |
|
Dende a dirección do colexio remitiron sendos escritos ao concello de Boiro e a Consellería de Educación para que se fagan cargo das reparacións e arranxos antes de que a continua deterioración supoña un perigo para a seguridade dos alumnos. Arranxos urxentes O vindeiro venres os máis de cento trinta alumnos de infantil e primaria do colexio de Escarabote iniciarán un novo curso escolar. Así, creen que seria prioritario o amaño do valado do patio de infantil, a adaptación dos xogos á normativa e o cambio da area do areeiro. Tamén esixen urxencia para a reparación das fechaduras de emerxencia das portas exteriores do pavillón de primaria, dado que ante unha situación de perigo non se pode utilizar esta saída ao estaren bloqueada.
Demandas antigas Algunhas destas demandas, segundo explicou o director do colexio, véñense solicitando dende hai máis de catro anos como o repintado da varanda da grada da pista exterior ou da sala de profesores onde se acumula a humidade. A isto súmase a necesidade de reparación da zona da cuberta e o portalón do pavillón polideportivo así como a canalización da recollida de auga dado que xa se están a producir pinqueiras na instalación. Tarefas de mantemento Malia que durante os meses de verán o persoal de servizos do centro realizou limpeza e levou a cabo tarefas de mantemento e que nestes días operarios do concello pintan e acondicionan as aulas, dende a dirección esixen máis implicación das administracións.
Redacción Barbanza |



BOIRO > Os pais e a dirección están fartos de solicitar continuamente ao concello de Boiro que se faga cargo do mantemento das instalacións
