| Todo a punto para que dé comezo o Desafío Audi |
|
|
| Martes, 09 Setembro 2008 | |
|
O Real Club Náutico de Sanxenxo quence xa motores de cara ó inminente bocinazo de saída do Desafío Audi, na súa oitava edición. A organización está a coidar nestas derradeiras horas ata o máis mínimo detalle para que tanto en mar como en terra saia todo á perfección. Máis de 150 embarcacións confirmaron xa a súa asistencia a este evento, todas elas divididas por clases: ORC 570, ORC 670, ORC Open, Platú 25, Sun2000, Optimist e Radio Control. Os primeiros en saír serán os Optimist, que en Sanxenxo disputarán o Campionato de España por Equipos. Sete Comunidades Autónomas estarán representadas en augas pontevedresas por cinco dos seus mellores regatistas. Tras un sorteo inicial os combinados enfretaranse un a un, de tal xeito que o conxunto que máis victorias obteña será o vencedor. Castela e León, Baleares, Canarias, Murcia, Valencia, Cataluña e por suposto Galicia. Cada federación estará representada por un barco a excepción da canaria, que o fará con dous, e tamén da galega, que terá ó Náutico de Riveira, como campión, e ó Náutico de Sanxenxo como club anfitrión. As primeiras mangas deste campionato comezarán o xoves, tralas pertinentes xornadas de rexistro de participantes e medición. Despois virá o prato forte deste Desafío Audi coa entrada en competición da Clase Crucero. Unha boa ocasión para achegarse ó Náutico de Sanxenxo e seguir de preto estas regatas que prolongaranse ata o domingo día 14. Redacción Salnés |




SANXENXO > Está a piques de comezar o Desafío Audi. Máis de 150 embarcacións reúnense estes días no Real Club Náutico de Sanxenxo para tomar saída nesta prestixiosa proba. 









