| A aprobación do Plano galego de Acuicultura xera satisfacción entre o sector |
|
|
| Xoves, 11 Setembro 2008 | |
|
RIBEIRA > Consideran que dará seguridade xurídica as empresas e permitirá convertir a acuicultura nun dos principais motores económicos de Galicia Desta opinión é o xerente da Asociación de Produtores de Rodaballo de Galicia (AROGA) e asesor xurídico e ambiental do Cluster de Acuicultura de Galicia, Fernando Otero. Creación de postos de traballo Ademáis asegura que a actividade acuícola aportará importantes beneficios ás comarcas nas que se instalaen as plantas como son a creación de emprego estable e de calidade non só directamente senón a través das empresas tecnolóxicas que se crean ó redor das piscifactorías.
Críticas inxustificadas En canto ás críticas desatadas polo plan referidas principalmente ós danos ecolóxicos e medioambientais, dende AROGA consideran que non se sustentan en argumentos sólidos. Unha, porque tras máis de vinte anos de actividade acuícola en Galicia a depuración dos vertidos está totalmente garantida e así o evidencia o feito de que non pese expediente sancionador algún sobre ningunha das piscifactorías que funcionan actualmente. Con respecto á afección da rede Natura, Fernando Otero explicou que ningunha das plantas de nova instalación está proxectado en terreo protexido e no caso das ampliacións a afección á rede natura é mínima e en ningún caso a zonas de hábitat de especial protección. Sector en expansión Deixando a un lado as críticas, dende o sector consideran que a aprobación do plan sectorial é o primeiro paso para o pulo definitivo que precisa a acuicultura en Galicia, un sector en expansión cun alto nivel d einversións en I+D+I qu nos últimos anos converteuse nun exemplo a seguir tanto en España como fóra das nosas fronteiras. Redacción Barbanza |




