Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow Victoria do Extrugasa no seu primeiro test de pretemporada
 
 
Victoria do Extrugasa no seu primeiro test de pretemporada Imprimir Correo electrónico
Xoves, 11 Setembro 2008

baloncesto250_110908.jpgPONTEVEDRA > A vilagarciáns impúxeronse ó Arxil por 49-75 nun partido no que o técnico Isaac Fernández tan só puido contar con catro xogadoras do primeiro equipo.

O Extrugasa comezou con bo pé a súa pretemporada cunha primeira victoria ante o Arxil, no encontro que disputaron en Pontevedra.

As vilagarciáns non tiveron apenas problemas para desfacerse do seu rival ó que superararon por 26 puntos de diferencia, 49-75.

Todo isto con tan só catro xogadoras do primeiro equipo: Sara Gómez, , Katia da Silva, Míriam Herrera e Arantxa Novo, que foi a mellor tras anotar 23 puntos.

O técnico Isaac Fernández tivo que tirar do equipo xuvenil ante a ausencia das novas fichaxes e tamén da base María Asurmendi, baixa por motivos de estudios.

Hoxe tiña prevista a súa chegada unha das incorporacións deste verán a pívot estadounidense Meredith Alexis, un gran reforzo para o xogo interior.

Redacción Salnés

 


VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.

SALNÉS> Vai arrancar a temporada o Poio Futbol Sala, un club que durante este verán sufríu grandes transformacións, entre elas o cambio de nome, xa que antes era coñecido como o Ateneo Combarro. Os obxectivos son ambiciosos coa sección femenina e tamén coa masculina, que este ano se estrea.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com