Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow O executivo local de Boiro continúa os traballos de humanización en Bealo
 
 
O executivo local de Boiro continúa os traballos de humanización en Bealo Imprimir Correo electrónico
Venres, 12 Setembro 2008

acondicionamentobealo_100_120908.jpgBOIRO > A actuación, que se iniciará proximamente, contempla a pavimentación en pedra de varios camiños rurais e o acceso áo muiño de Bealo

O concello de Boiro vén de asinar esta semana un convenio ca Consellería de Vivenda e Solo para dar continuidade ao proxecto de humanización de espazos na parroquia.

O departamento que dirixe Teresa Táboas destinará 270 mil euros para acondicionar o camiño rural que da acceso a ponte de Bealo.

O proxecto contempla canalizacións soterradas de sumidoiros, rede de auga potable, substitución do pavimento actual por outro en pedra de granito, supresión de barreiras arquitectónicas e colocación de mobiliario urbano.

Rematar co feismo

Segundo explicou o edil de urbanismo boirés con estas actuacións búscase conservar, potenciar e concienciar na rehabilitación aos veciños desta parroquia, mantendo a identidade do rural como espazos tradicionais, ao tempo que se pretende unha eliminación paulatina do feismo destas zonas.

Investimentos na parroquia de Bealo

León lembrou outras actuacións que xa se finalizaron en Bealo como o acondicionamento da área de Loimar, empedrado da praza e alargamento da estrada de Beluso á Igrexa, arranxo da escola de Ponte Beluso e o asfaltado dos núcleos de Candosa e Landeiras. locación de mobiliario urbano.

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg