| Canalriasbaixas volve a incrementar a súa audiencia |
|
|
| Luns, 15 Setembro 2008 | |
|
Mentres as consideradas “grandes cadeas” se van de vacacións, CANALRIASBAIXAS, no verán realiza un inxente esforzo de cobertura informativa diaria, seguindo polo miúdo todos aqueles acontecementos de interese para a súa audiencia. Tamén contribuíu a este incremento da audiencia a emisión nesta tempada estival do seu coñecido magazine Verán Verán. En termos concretos, segundo TNS Sofres, durante agosto pasado víronnos cada día unha media de 71.458 telespectadores, e durante setembro nos viron unha media de 66.918, o que confirma unha evolución positiva da audiencia desta canle na tempada 2007/2008, na que renovamos a tódolos presentadores. No tocante ó número de telespectadores diferentes, cabe destacar que en agosto foron máis de 275.600, e en setembro máis de 272.400.
Estes datos de audiencia positivos, sitúannos nunha inmellorable posición de partida de cara as emisións desta canle en TDT; que xa comezaron a estar operativas na canle 27 de UHF. Redacción Salnés |





CORPORATIVO > Segundo os últimos datos publicados pola prestixiosa empresa de medición de audiencias, TNS Sofres, CANALRIASBAIXAS, volveu a incrementar a súa audiencia mensual.
Comparativamente, estes datos colócannos, xunto con Localia Vigo e Localia Coruña, entre as tres televisións locais galegas máis vistas; e no tocante ás comarcas de Pontevedra, Salnés, Barbanza e Muros-Noia os datos reflectidos por TNS Sofres indican que temos máis do dobre de telespectadores diarios que a seguinte televisión local máis vista e ata un 300% máis de telespectadores mensuais diferentes. 
