SALNÉS> En Fontecarmoa o Grupo Junquera sumou o seu terceiro partido consecutivo sen gañar despois de non pasar do empate co Negreira. Peor lle foron as cousas ó Viajes Interrías que volveu goleado de Sarria.
| Inicio nefasto de temporada para os equipos de balonmán |
|
|
| Martes, 16 Setembro 2008 | |
|
Dous partidos e dúas derrotas. Non comezaron as cousas ben en balonmán. No grupo A, o Rasoeiro recibía ó Viña Costeira de Ribadavia coa clara intención de gañar e tamén con certo papel de favorito, pero a súa mala primeira metade condenouno. A baixa intensidade defensiva e os problemas que tiveron de circulación de balón, fíxolles perder moitos balóns que foron aproveitados polo rival para facer goles con facilidade. Así, fóronse cinco abaixo ó descanso, 10-15. Na segunda metade reaccionaron ,pero faltoulles tempo para culmina-la súa remontada; mellorararon en defensa e acertaron máis en ataque, da man de Juanjo, autor de sete tantos, pero non foi suficiente como para canda menos empatar o partido. Ó final 22- 23. Máis clara foi a derrota do Albariño Agnusdei. Os meañeses enfrontábanse a un dos claros candidatos a estar loitando polo ascenso este ano e eles aínda están en formación. Pese a todo agardábase maior resistencia dos locais, que reducíuse a 15 minutos, nos que puideron manterse co marcador igualado. A partir do ecuador da primeira metrade, as contras visitantes sucedéronse para marcharse ós vestiarios 10-16. Lonxe de reaccionar, na segunda parte as cousas continuaron polo mesmo camiño e as distancias chegaron ata os 12 goles cos que se rematou: 22-34. A vindeira semana o Rasoeiro desplazarase fóra para xogar ante o Tirso Molina mentres que o Albariño Agnusdei visitará a cancha do Lavadores. Redacción Salnés |





SALNÉS > Xornada inaugural na Primeira Autonómica de balonmán. Malas novas para os equipos do Salnés que aínda que xogaban na casa non puideron comezar a temporada con victoria.
SALNÉS>










