Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow O PPdeG culpa á Xunta de que varios núcleos costeiros queden baixo dominio público
 
 
O PPdeG culpa á Xunta de que varios núcleos costeiros queden baixo dominio público Imprimir Correo electrónico
Mércores, 17 Setembro 2008

costas_100_180908.jpgBARBANZA > O PPdeG acusa ó goberno bipartito da Xunta de permitir a ‘aplicación irracional da lei de Costas’ en Galicia.

O voceiro parlamentario do PPdeG, Manuel Ruíz, calificou de 'latrocinio' o deslinde posto en marcha polo Ministerio de Medio Ambiente para determinar os terreos afectados pola Lei de Costas.

A principios da presente lexislatura, os populares presentaron unha proposición de lei para reformar a lexislación vixente que data de 1988 pero foi desbotada cos votos en contra do PSOE e do BNG. As modificacións propostas polos populares pretendían o recoñecemento do carácter urbano dalgunhas construcións costeiras, unha vez acreditada a súa existencia como núcleo urbano dende hai décadas.

Dominio público

É por iso que agora dende o Partido Popular responsabilizan ó bipartito da situación en que se van atopar miles de propietarios dos concellos do litoral galego, entre eles Ribeira e Porto do Son. Porque unha vez publicado o deslinde polo Ministerio de Medio Ambiente, o estado poderá facerse coa propiedade do terreo que pasará a ter consideración de dominio público marítimo terrestre e outorgará ós seus ocupantes prórrogas renovables de trinta anos.

Lonxe de non recoñecer a existencia destes núcleos tradicionais, os populares consideran que a administración pública deberá proceder á súa rehabiitación co din de recuper-los eu valor culttural e histórico así como garantir o dereito dos seus habitantes a continuar residindo neles.

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg