Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS arrow O cese das descargas diminúe a tensión no sector mexilloeiro
 
 
O cese das descargas diminúe a tensión no sector mexilloeiro Imprimir Correo electrónico
Mércores, 17 Setembro 2008

bateeiros17_100.jpgVILAGARCÍA > Hoxe non houbo descargas do sector mexilloeiro por parte das asociacións Virxe do Rosario e Federación Arousa Norte, dado que as empresas depuradoras e cocedeiros non formularon pedidos para esta xornada. Esto fixo que a situación nos peiraos fose menos tensa e dese paso a outras xuntanzas.

A primeira hora do día, os membros de Pladimega acudiron á reunión á que foran convocados en Santiago pola Consellería de Pesca. Unha nova xuntanza, a quinta deste período de crise, que non dou os froitos desexados posto que a parte minoritaria decidiu non acudir. Unha actitude que desde Pladimega se entende como unha falla de argumentos desde esta parte.

Logo, xa no auditorio de Vilagarcía, centos de mexilloeiros acudiron a unha asemblea xeral de Pladimega, na que o seu voceiro, Julián García, deulles conta desta xuntanza e na que acordaron as medidas a tomar nos vindeiros días.

Este 80 % do sector decidiu seguir adiante cas mobilizacións nos vindeiros días, de non chegar antes a unha postura dialogada entrámbalas dúas partes.

Entre os mexilloeiros reunidos un dos temas mais recorrentes foi o estado de saúde de Juan Ramón Outeiral, o veciño de Cabo da Cruz pertencente a Asociación rianxeira Aspromeri; que resultou ferido de gravidade onte no transcurso dos disturbios.

Xa esta tarde, os voceiros de Pladimega reuníronse cos seus asesores legais para abordar as posiblidades de demandar ós responsables das cargas de onte no peirao de Vilanova; que eles volven a denunciar como desmesuradas. Nesta mesma xuntanza, desde Pladimega acordaron denunciar ó presidente da Asociación Virxe do Rosario, Javier Blanco, nas que os tildaba de terroristas, tralo estourido esta fin de semana de tres artefactos en instalacións do sector minoritario.

 Por outra banda, esta mesma tarde, a Consellería de Pesca reuniuse por separado con representantes dos cocedeiros e dos depuradores para intentar buscar, con eles, futuras solucións a este conflicto.

Valoracións Presidente Consello

O Presidente do Consello Regulador, Ramón Dios, tamén se uniu as condenas dos tensos momentos vividos onte no peirao de Vilanova; ó tempo que denunciou tamén a insólita colocación esta fin de semana dos coñecidos artefactos explosivos en casetas de bateeiros.

Ramón Dios asegurou que a única solución a este conflicto enquistado pasa polo diálogo que dea na unidade do sector.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg