Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow O Extrugasa estará ó completo a finais desta semana
 
 
O Extrugasa estará ó completo a finais desta semana Imprimir Correo electrónico
Xoves, 18 Setembro 2008

 

Comeza a tomar forma o Extrugasa. Son xa sete as xogadoras do primeiro plantel as que ten á súa disposición Isaac Fernández. Só faltan dúas das fichaxes: a estadounidense Tamera Young, que chegará mañá venres, e a rusa Sholokhova, que por problemas administrativos retrasará a súa viaxe a Vilagarcía ata o sábado.

As que sí chegaron foron Jaklin Zlatanova e Merediht Alexis. No caso da pívot o equipo técnico levouse unha sorpresa xa que os informes de Alexis falaban dunha pivot de 195 cms., cando en realidade mide 1,88.

Agora tocará afinar forma física e traballar para que as xogadoras se adapten ó sistema antes do inicio dunha competición ligueira que se prevé moi igualada.Non haberá que agardar moito para inicio da competición, será dentro de quince días, o 4 de outubro. O Extrugasa debuta fóra da casa ante o Gran Canaria. Antes, o sábado en Ferrol, disputan as semifinais da Copa Galicia ante o Pío XII de Santiago, a partires das 18:00.

Por outra banda, onte en Ourense, non tiveron problemas para vencer a un rival de LF2, o Pabellón, por 51-86. 

Redacción Salnés

 


noya1.jpgPONTEVEDRA> O triatleta Javier Gómez Noya prepara a súa viaxe para participar na última proba do Campionato do Mundo. Hoxe realizou os últimos adestramentos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra, onde recibiu a visita do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.

SALNÉS> Na Terceira, Vilalonga e Portonovo sumaron sendos empates. Os que máis se divertiron foron os afeccionados que se deron cita en San Pedro, onde se viron seis goles

SALNÉS> Onte celebrouse a edición número 47 da Travesía a Nado Porto de Vilaxoán. Máis dun centenar de participantes tomaron parte neste proba na que o máis rápido foi Francisco Javier García.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com