Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS arrow Vivenda amplía as axudas á rehabilitación e creará unha oficina no Salnés
 
 
Vivenda amplía as axudas á rehabilitación e creará unha oficina no Salnés Imprimir Correo electrónico
Venres, 19 Setembro 2008

vivenda_vilagarca_100.jpgVILAGARCÍA > A Consellería de Vivenda vai conceder en Carril e Vilaxoán 30 novas actuacións para a recuperación de casas situadas dentro das Áreas de ...

... Rehabilitación Integral de ámbalas dúas parroquias. Agora este plan estase executando en 90 vivendas, cun investimento de 526.500 euros, ós que hai que engadir agora 375.000 máis para estas novas actuacións. As subvencións por cada propietario poden ser de ata 11.000 euros, e de ser vivendas catalogadas, 30.000. Unha axuda que irá destinada á rehabilitación interior e exterior dos inmobles co obxectivo de garantir as súas condicións hixiénicas, estruturais e de habitabilidade, recuperando deste xeito o patrimonio construído.

Oficina Comarcal de Vivenda para o Salnés

Tamén en Vilagarcía, a Consellería vai crear no prazo de 4 meses, unha Oficina Comarcal de Vivenda para o Salnés que se encargará de facilitarlle ós veciños a tramitación das diferentes liñas de axuda que concede o departamento autonómico para a rehabilitación, aluguer e compravenda de vivendas.

Vivenda estuda crear unha ARI no casco histórico de Vilagarcía

Vilagarcía conta agora con dúas Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) en Carril e Vilaxoán, pero o obxectivo do Concello é ampliar este número en tres coas vivendas do casco histórico da cidade. Un proxecto que estuda agora a Consellería. A ARI que propón o Concello en Vilagarcía inclúe un total de 852 vivendas na zona do Castro e do ensanche do século XIX.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg