| As xornadas Ciencia e mundo contemporáneo reúnen a 130 mestres |
|
|
| Venres, 19 Setembro 2008 | |
|
... dirixida a cita xa que van ser os encargados de impartir a materia de primeiro de bacharelato que comeza a aplicarse este ano. As xornadas conteñen deste xeito conferencias, coloquios e relatorios sobre a sinatura, que aínda está conformando os seus contidos. Unha materia que espertou xunto con Ciencias para a cidadanía a polémica nun sector da sociedade que se opuxo a que se impartisen. As Ciencias para o mundo contemporáneo son, para os defensores da materia, unha sinatura básica na formación integral do alumnado. Unha materia que ten o obxectivo de formar a persoas informadas para que sexan capaces de comprender, analizar e tomar postura sobre os acontecementos deste século. As xornadas que se desenvolven en Poio tratan sobre a metodoloxía, autores e libros de referencia da materia. Unha sinatura que aborda cuestións coma a orixe do universo e da vida, a saúde, a xestión sustentable do planeta, a biotecnoloxía ou a sociedade do coñecemento e as tecnoloxías da comunicación, e que xa é materia común para os alumnos de primeiro de bacharelato. Redacción Sálnés |





