| Miles de simpatizantes participan na festa dos socialistas galegos |
|
|
| Luns, 22 Setembro 2008 | |
|
... logros do PSdeG e subliñou que dende que el preside a Xunta se incrementou a licitación de obra pública na comunidade. O xefe do executivo galego tamén renovou o seu compromiso de que o tren de alta velocidade chegue a Galicia no ano comprometido e criticou á labor da oposición levada a cabo polo PP. Un Partido Popular que se caracterizou por xerar problemas no país, boicotear a renovación do Estatuto de Autonomía e promovela guerra lingüística. Pérez Touriño tamén cuestionou o repentino interese dos populares por buscar alianzas cos nacionalistas galegos logo de anos de críticas ó BNG. No pavillón de Fexdega tamén estivo o sábado o vicesecretario xeral do PSOE, José Blanco. El foi o encargado de suplir a ausencia de Zapatero no acto. O Presidente do Goberno virá porén, segundo o número dous do partido, para inaugurar tódalas infraestruturas que Aznar e Rajoy deixaron sen facer en Galicia. José Blanco tamén instou a Rajoy a apoiar os orzamentos do estado para o 2009 e fixo mención á suposta estratexia do PP de achegarse ós nacionalistas. E como as eleccións autonómicas galegas están próximas, Blanco non puido evitar aludir ós comicios nos que confía que Touriño convalide o seu liderado nas urnas. Redacción Salnés |




VILAGARCÍA > Milleiros de simpatizantes do PSOE estiveron este sábado en Vilagarcía na festa anual dos socialistas galegos. Alí o presidente Touriño lembrou tódolos ...









