Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow Mal comezo do Inelga na súa estrea en liga ante o Piélagos
 
 
autonmicas09_top.jpg
Mal comezo do Inelga na súa estrea en liga ante o Piélagos Imprimir Correo electrónico
Luns, 22 Setembro 2008

baloncesto250_220908.jpgVILAGARCÍA > O debut ligueiro do Inelga non foi nada bo. Os vilagarciáns caeron na súa cancha por 23 puntos de diferencia, co Pas Piélagos. Non correu mellor sorte o Extrugasa que tamén perdeu ante o Celta na final da Copa Galicia.

Mal inicio ligueiro do Inelga. Os vilagarciáns caeron con estrépito ante o Pas Piélagos por 59-82, eso sí, o rival era dos que seguro van a estar arriba ó final de temporada, o ano pasado xogaron o playoff de ascenso a LEB Bronce.

Comezaron ben as cousas para os de Juan Espiñeira, que apoiados nunha boa defensa acadaron rentas cómodas no primeiro cuarto, cercanas ós dez puntos. Pero a partir de ahí, o bloqueo.

O cadro visitante comezou a defender moito máis agresivo e a saber como atacar ó Inelga para ir recurtando a diferecia e chegar ó descanso con tres puntos de vantaxe.

Lonxe de cambiar esta tónica as diferencias foron facéndose moito maiores ata chegar ós 23 puntos cos que se rematou. O Inelga sufríu para atopar posicións de tiro cómodas. Estiveron especialmente negados máis alá do 6,25, cun nefasto 17% (4/23). 

Tampouco puido gañar o Extrugasa que caeu na final da Copa Galicia ante o Celta Indepo por 54-69. Ás vilagarciáns, que gañaran ó Pío XII nas semifinais con contundencia, nótaselles que lles falta rodaxe e que precisan acoplarase as unhas ás outras, non en van o 50% do plantel é completamente novo. Xogaron Young e Sholokova, que anotaron 8 puntos cada unha.

No encontro, as viguesas foron sempre cunha marcha máis posta e pouco a pouco foron abrindo brecha no marcador; fóronse 9 arriba ó descanso e mantiveron a renta ata o final, comandadas pola MVP do torneo, Alba Torrens.

O Extrugasa terá a oportunidade de vingarse desta derrota no torneo que organiza a vindeira fin de semana, un triangular ó que a viguesas e vilagarciáns sumaráselles as salmantinas do Perfumerías Avenida.

Redacción Salnés

 


poio250_110310.jpgPOIO> Margarita Caldas, concelleira de deportes de Poio, presentou esta mañá a Carreira Popular por Haití que neste municipio vaise celebrar o vindeiro domingo. Ademais, levaranse a cabo varias exhibicións co obxectivo de recadar fondos para os afectados polo terremoto que sacudiu ó país caribeño o mes pasado.

basketcup250_100310.jpgVILAGARCÍA > A Vilagarcía Basket Cup disputarase este ano con case total seguridade no pavillón de Fontecarmoa. Así o anunciaron onte os organizadores do evento que acusaron ó concello de sumir ó torneo nun caos.

extrugasa250_100310.jpgSALNÉS> Nova victoria das vilagarciáns, desta volta en León, fronte ó Aros, no encontro aprazado non seu día polo temporal Xyntia. As de Tito Díaz non tiveron o seu mellor día pero puideron impoñerse.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com