|
O partido popular de Boiro denuncia deficiencias na sinalización da autovía |
|
|
|
Luns, 22 Setembro 2008 |
|
BOIRO > Instan a Consellería de Politica Territorial a velar pola seguridade dos usuarios desta infraestrutura viaria
Segundo os populares, a deficiente sinalización maniféstase tanto na sinais horizontais como nas verticais.
Non existen marcas luminosas nin refectantes e os indicadores informativos son escasos e deficientes e en xeral non cumpren coa normativa vixente. Esta situación de potencial perigosidade agrávase durante a noite.
Rotondas deterioradas
Os populares tamén denuncian a dificultade que teñen os vehículos de grandes dimensións para xirar nas rotondas de saída e entrada ao polígono de Espiñeira o que as deteriora significativamente e provoca situacións de risco para o resto de automóbiles.
Irresponsabilidade da CPTOPT
Así, dende a agrupación popular critican a irresponsabilidade da Consellería de Política Territorial que aseguran está máis preocupada por velar polos intereses da empresa adxudicataria que pola seguridade dos cidadáns e lle solicitan que poña os medios necesarios para a correcta sinalización de acordo coa normativa legal aplicable en materia de seguridade.
Redacción Barbanza
|