Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow BARBANZA arrow Ribeira continúa o plan de humanización coa peonalización da rúa Galicia
 
 
Ribeira continúa o plan de humanización coa peonalización da rúa Galicia Imprimir Correo electrónico
Martes, 23 Setembro 2008

ruagalicia_100_230908.jpgRIBEIRA > O executivo ribeirés iniciou as obras de remodelación dun tramo da rúa de Galicia que posibilitarán o seu uso peonil e comercial.

A consecuencia das obras de remodelación da rúa Galicia iniciadas onte, o executivo ribeirés veuse obrigado a realizar unha nova organización do tráfico nesa zona. O tramo que vai dende o cruce de Rosalía de Castro con General Franco ata a Praza da Igrexa permanecerá cortado durante o desenvolvemento dos traballos. Ó mesmo tempo tamén permanece cortado á circulación o tramo que vai dende a a Avenida do Malecón cara a rúa Rosalía de Castro, establecéndose como vía alternativa a subida pola rúa Canarias ata Miguel Rodríguez Bautista.

Con estas obras, que supoñen un investimento de máis de 133 mil euros, o goberno local pretende realizar unha adecuación desta rúa para o seu uso peonil e comercial, mellorándose os pavimentos e dotándose á rúa dun sistema de separación de pluviais e fecais, para evitar que un aporte excesivo da auga da chuvia poida provocar problemas na rede de saneamento, coas conseguintes enchentas. As beirarrúas ampliaranse ata os dous metros e medio para cada sentido, e o ancho da vía para circula-los vehículos será de tres metros e medio.

Minimiza-las molestias

Antes de emprende-lo inicio dos traballos, representantes do executivo mantiveron diversas xuntanzas cos comerciantes da zona para tratar de chegar a un consenso de cómo desenvolve-las obras, para crearlles as menores molestias posibles.

Redacción Barbanza

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg