Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS arrow Veciños de Bamio reclaman a retirada futura da antiga vía do tren
 
 
Veciños de Bamio reclaman a retirada futura da antiga vía do tren Imprimir Correo electrónico
Mércores, 24 Setembro 2008

tren_bamio_100.jpgVILAGARCÍA > A Asociación de Veciños San Xinés de Bamio, en Vilagarcía, reclama que se lle retiren as vías do tren ó seu paso por esta parroquia, ...

...unha vez que estea operativa a nova liña do AVE. Tal e como e como se recolle no Estudio de Impacto Ambiental, o Ministerio de Fomento preferiu trazar a nova vía férrea de alta velocidade polo interior, por ser mellor medioambientalmente. Por tanto, unha vez que se execute, os veciños queren que só sexa esta vía a que siga funcionando, para evitar ese impacto do que falan os técnicos.

Agora que hai moitos concellos que están pedindo que se manteña o servicio de cercanías, os veciños de Bamio non se opoñen o mesmo, pero queren que transcorra pola mesma vía que o AVE.

Unha vez retirada a vella vía, os veciños xa teñen pensado novos usos para este espazo, recuperándoo así para a utilidade pública. Estes veciños xa se puxeron en contacto cas administracións competentes, das que obtiveron boas palabras e promesas pero nada por escrito. Malia todo, descartan emprender calquera tipo de mobilización posto que é moi cedo.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg