Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow BARBANZA arrow A falla de axentes de policía provoca indignación entre os noieses
 
 
A falla de axentes de policía provoca indignación entre os noieses Imprimir Correo electrónico
Xoves, 25 Setembro 2008

polinoia_100_250908.jpgNOIA > O cadro de persoal da policia local de Noia reduciuse ao mínimo ao cesar esta semana os dous auxiliares que traballaron durante o verán.

Deste xeito, na actualidade tan só cinco axentes están en activo. O conflito entre a policia e o concello de Noia acada xa os cinco meses de duración, unha situación que provoca indignación entre os veciños.

A media mañá deste xoves tan só un axente trataba de poñer orde no tráfico á entrada de San Lázaro. Malia que esta previsto que en vindeiros días se incorporen algúns dos policias que se atopan de baixa, os veciños notan a falta de axentes nas rúas.

O pasado mércores, representantes da asociación de actividades empresariais de Noia e de Noia Histórica mantiveron unha xuntanza co alcalde, Rafael García e a edil de Seguridade, Rosana Mariño para coñecer que medidas tomará o concello para solucionar o conflito.

Próximas incorporacións

Espérase que a incorporación de axentes se suceda ao longo das semanas e que no periodo dun mes se retomen as quendas nocturnas. Dende o concello tamén indicaron que a falta de disciplina nalgúns axentes lles obriga a facer cambios na dirección da policia local polo que é previsible que se leven a cabos algúns ceses.

Redacción Barbanza

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg