Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow BARBANZA arrow Protección Civil de Ribeira leva a cabo un simulacro de incendio na sede de AMICOS
 
 
Protección Civil de Ribeira leva a cabo un simulacro de incendio na sede de AMICOS Imprimir Correo electrónico
Venres, 26 Setembro 2008

simulacroamicos_100_260908.jpgRIBEIRA > A iniciativa serviu para comprobar como os alumnos e profesores debían actuar no caso que se produza un sinistro.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira xunto coas Policías Local e Nacional, así como o Parque de Bombeiros da localidade, efectuaron esta mañá un simulacro de incendio no centro ocupacional da Asociación Amicos do Barbanza en Oleiros.

Lume na sala

A iniciativa tiña coma finalidade a posta en práctica do plan de autoprotección do centro. O exercicio partiu dun lume que se orixinaba nunha sala da segunda planta.

Despois de que un responsable do centro informara da emerxencia ó número de teléfono 112 do SOS Galicia, púxose en marcha o plan de autoprotección, iniciándose o desaloxo de tódalas persoas que se atopaban no interior do edificio.

Prevenir futuros sinistros

Dende a Agrupación de voluntarios de Protección Civil incidiuse na importancia de levar a cabo este tipo de iniciativas que non veñen máis que mellora-los métodos de prevención.

Na actualidade existe unha normativa estatal que obriga ós centros públicas a dispoñer de plans de autoprotección para salvagarda-la integridade das persoas no caso de que se produzan situacións de emerxencia, como poden ser incendios, explosións ou derrubamentos.

 

Redacción Barbanza

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg