Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS arrow Arde o remolque cisterna dun camión estacionado diante dun taller de Rubiáns
 
 
Arde o remolque cisterna dun camión estacionado diante dun taller de Rubiáns Imprimir Correo electrónico
Venres, 26 Setembro 2008

VILAGARCÍA > A cisterna dun camión ardeu onte pola noite en Rubiáns. Foi diante do concesionario onde estaba estacionada, xa que o seu propietario, un condutor ...

... de Tarragona, deixara o vehículo do camión á arranxar no taller. Polo de agora aínda se descoñecen as causas do incendio, que non se descarta que fose provocado. O incendio comezou a media noite neste camión cisterna estacionado diante dun taller de mecánica en Rubiáns, Vilagarcía. O seu propietario, un condutor de Tarragona, deixouna alí xa que levara o vehículo do camión ata o concesionario para sometelo a unha reparación.

Dende a empresa de transportes  non se explican cómo se puido producir o lume. A cisterna non estaba unida nese intre á cabina, polo que desbotan a posibilidade de que puidera deberse a un cortocircuito. Non se descarta que o incendio puidese ser provocado xa que, ademais, a cisterna estaba baleira, o que impediu que as consecuencias do incendio foran moito peores.

O lume provocou que as rodas da cisterna explotasen o que saltou a alarma entre os veciños e obrigou a pechar a estrada durante uns 20 minutos ante o medo de que se producisen máis explosións. Ademais de á cisterna o lume tamén lle afectou ás instalacións do taller, onde romperon os cristais das ventás. A policía investiga agora as causas do incendio.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg