Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow BARBANZA arrow O cruce de acusacións entre PSOE e BNG caracterizou o pleno extraordinario do sábado
 
 
O cruce de acusacións entre PSOE e BNG caracterizou o pleno extraordinario do sábado Imprimir Correo electrónico
Luns, 29 Setembro 2008
plenoextraordinariorianxo_100290908.jpgRIANXO > O executivo rianxeiro aprobou en solitario a conta xeral do ano 2007, cos votos en contra do BNG e do PP.

Fóra da habitual cordialidade existente na maioría dos plenos que se celebran en Rianxo, a sesión deste sábado caracterizouse polo clima de enfrontamento entre o Bloque Nacionalista Galego e o Partido Socialista. O motivo da disputa non era outro que a aprobación da conta xeral do exercicio 2007, que saíu adiante cos votos a favor do equipo de goberno e os votos en contra do PP e do BNG. Aínda así no debate a voceira do BNG, Adelina Ces, acusou ó equipo de goberno de prever uns ingresos fantasma. Segundo ela dos máis de trece millóns de euros de ingresos previstos, o recadado non chegou nin ó 50%.

Elevada débeda

Adelina Ces tamén se referiu á importante débeda que presenta actualmente o concello que se sitúa ó redor dos cinco millóns setecentos mil euros. Unha cifra que segundo ela ven a demostrar o fracaso absoluto do plan de saneamento económico posto en marcha polo executivo para o período 2004-2007. Un dato que foi negado dende as filas socialistas, argumentando que a débeda do concello non chegaba nin por moito a esa cifra.

Redacción Barbanza

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg