| O BNG nega o traslado dos depósitos de Ferrazo a Tremoedo |
|
|
| Luns, 29 Setembro 2008 | |
|
VILAGARCÍA > O BNG do Salnés pide ó PP que se tranquilice e deixe de botar lume contra o polígono de Tremoedo. O responsable comarcal Duarte Correa saíu así ó paso das duras declaracións vertidas polos alcaldes de Cambados e Vilanova e mailo portavoz do PP de Vilagarcía. Correa criticou a situación doutros polígonos da comarca promovidos por alcaldes do PP como o de Ribadumia ou Cambados. De Sete Pías dixo que ten parcelas valeiras, que empresarios que xa pagaron inda non saben que parcela é a súa e que nesta área non hai depuradora. A diferenza, di, o BNG está a promover polígonos ben planificados. Duarte Correa tamén fixo referencia ós depósitos de Ferrazo. Os populares insinuaron que irían para Tremoedo, algo que o BNG nega rotundamente. Os nacionalistas afirman que están do lado da plataforma de afectados, ós que lle xestionaron a reunión que tiveron con Xestur hai unha semana. Os propietarios pediron que se afaste o polígono das súas hortas e vivendas, que se estude un sistema de desaugue e recollida de augas e se busque un mellor emprazamento para a depuradora. O BNG di que apoia estas reivindicacións. O BNG lembra a veciños afectados e ó PP que teñen ata o 21 de outubro para presentar alegacións ó proxecto sectorial. Redacción Salnés |




