Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Preséntase o proxecto da nova ponte sobre o Lérez de Monteporreiro
 
 
Preséntase o proxecto da nova ponte sobre o Lérez de Monteporreiro
Luns, 29 Setembro 2008

foto_ponte_lrez_100.jpgPONTEVEDRA > Esta tarde presentouse en Monteporreiro, Pontevedra, o proxecto constructivo da nova ponte sobre o río Lérez.

Esta nova actuación comezará a acometerse en breve desde o cabo da Avenida de Bos Aires, ata a outra marxe do río Lérez, entroncando así ca PO-223. Esta nova actuación contará con dobre carril de circulación, e dunha senda peonil e un carril bici de cadanseu kilómetro de longo.

Esto servirá para mellorar as comunicacións da localidade de Monteporreiro, así como outros puntos desta cidade situados na zona norte e oeste, como é o Complexo hospitalario de Pontevedra. Esta actuación será sufragada integramente pola Deputación de Pontevedra, salvo as expropiacións que correrán a cargo do Concello pontevedrés.

A súa data de remate prevese en marzo do 2010 e o seu orzamento global é de máis de catro millóns seiscentos mil euros. Esta actuación é o froito dun acordo entre Concello e Deputación, en virtude do cal á Deputación foille conferida a titularidade do edificio agora desocupado de Ciencias de Educación. A cambio, o ente provincial comprométese a acometer outras actuacións como esta da nova estrada de conexión de Monteporreiro ca Estrada de Campolameiro e ca N 550.

Ademais, ó marxe, no futuro, construiranse tamén outras dúas pontes no curso alto deste mesmo Río Lérez.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?