Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow BARBANZA arrow Consenso nas alegacións ó proxecto do macropolígono comarcal
 
 
Consenso nas alegacións ó proxecto do macropolígono comarcal Imprimir Correo electrónico
Martes, 30 Setembro 2008
xuntanzapoligono_100_300908.jpgPOBRA > PP, PSOE e BNG acordan as alegacións a presentar ó proxecto de construción do futuro parque empresarial comarcal.

Na xuntanza celebrada esta mañá no concello pobrés os representantes dos tres grupos políticos con representación municipal acordaron presentar de xeito consensuado un total de sete alegacións ó proxecto de construción do futuro parque comarcal que se construirá na zona de Moldes.

Depuradora exclusiva

A primeira delas fai referencia ó saneamento. Así consideran necesario que a Consellería de Vivenda e Solo debe asumi-lo compromiso de construir dunha nova depuradora de augas residuais exclusiva para augas industriais e que recolla así mesmo aquelas que procedan do actual polígono industrial da Tomada.

Abastecemento de auga

A segunda alegación fai referencia a que se deberá garanti-lo abastecemento de auga ó futuro polígono tendo en conta como referencia os polígonos da Pobra e de Ribeira e o tipo de empresas que se poderían instalar nel, xa que non se considera de todo viable a construción dun novo depósito de 3.000 m3. Ademais os tres grupos acordaron solicitarlle a Vivenda que se garantan os caudais que as diferentes fontes, mananciais e regatos, existentes no contorno onde vai levarse a cabo a actuación. Ademais consideran necesario que se incremente a capacidade do laminador previsto no proxecto, debido á impermeabilización dunha extensa área, polo risco que podería supoñer nas épocas de fortes choivas.

Gas natural e fibra óptica

Tamén solicitan que o futuro macropolígono conte con tódalas conexións de subministros que as empresas que se instalen nel necesiten, como pode ser o gas natural ou a rede de fibra óptica, evitando con iso a realización de obras de canalización posteriores.

Patrimonio arqueolóxico

Outra das alegación que se presentará fará mención ó patrimonio arqueolóxico. Así solicitan que se actúe con precaución e se realice unha prospección da zona que tal permita conservar algún monumento arqueolóxico ou, cando menos, realizar un estudo en profundidade do mesmo antes da súa desaparición.

Mellora accesos

Por último solicítanlle a Vivenda que medie ante Política Territorial para a mellora do treito que vai dende a rotonda de acceso ó actual polígono da Tomada e a ponte da Autovía da Barbanza, por mor do incremento do tráfico que leva aparellada a actuación e tendo en conta ademais, a existencia dunha parada de autobús para nenos nesa zona.

A fase de exposición pública remata o vindeiro 21 de outubro. A intención do executivo local pasa por levalas á comisión informativa do vindeiro xoves para a súa aprobación definitiva.

Redacción Barbanza

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg