| O Pleno de Vilanova rexeita por unanimidade o polígono de Tremoedo |
|
|
| Martes, 30 Setembro 2008 | |
|
Logo de dúas intensas horas de debate, os tres grupos da corporación acordaron por unanimidade que se retire totalmente o proxecto de Tremoedo e que se busquen novas situacións alternativas na comarca que non afecten tanto ós veciños. Un prantexamento que choca frontalmente ca primeira demanda dos voceiros da plataforma veciñal; que avogaban polo mantemento deste polígono neste lugar pero máis afastado das vivendas. Nacionalistas, socialistas e populares animaron ós veciños a recorrer á vía legal, presentando as alegacións que consideren precisas para defender os seus dereitos; porén diferiron en varios matices das súas posturas. Por unha parte, os nacionalistas, deixaban aberta unha porta á rectificación dentro desta ubicación; augurando que era a mellor das posibles posto que xa se realizaran previamente os estudios de viabilidade no resto da comarca. Pola súa banda, os socialistas declaraban inxustifica a proximidade recollida neste proxecto tanto ás vivendas como ás fincas; ó tempo que sinalaba que se pretendía acometer en zona de solo rural. Polo seu lado, o alcalde, o popular Gonzalo Durán, non quería que se establecese no Concello de Vilanova, senón que se estudiasen tódalas demais alternativas da comarca. Noutra orde de cousas, o BNG e o PSOE coincidiron en contradicir ó alcalde, cando aseguraba que el descoñecía o proxecto deste polígono de 1,2 millóns de metros cadrados con máis anterioridade da que defendía. Foi precisamente neste apartado no que se viviu unha maior polémica entre o equipo de goberno e a oposición nacionalista. Redacción Salnés |



VILANOVA > Intenso pleno o celebrado onte en Vilanova de Arousa en torno a un único punto: o da idoneidade de instalar o polígono industrial de Tremoedo no lugar actualmente proposto pola Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia.
