Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow O Extrugasa prepara a súa estrea ligueira diezmado polas baixas
 
 
O Extrugasa prepara a súa estrea ligueira diezmado polas baixas Imprimir Correo electrónico
Xoves, 02 Outubro 2008

 

A boa imaxe dada ante Celta Indepo e Perfumerías Avenida a pasada semana, fixo que se respirase certo optimismo no seo do Extrugasa ante o inminente inicio ligueiro.

Pero as cousas cambiaron nas últimas horas, xa que hai varias xogadoras con problemas que poderían causar baixa o sábado no Polideportivo La Paterna. Case con total seguridade non estará Meredith Alexis, aqueixada dun virus estomacal; non adestrou estes días e é posible que non viaxe. Jaklin Zlatanova, cunha inflamación nos metatarsos está á espera de que cheguen unhas plantillas que diminúan a súa dor e lle permitan xogar con normalidade. Tamén ten problemas nun pé a norteamericana Tamera Young , aínda que a súa presencia semella a máis probable das tres.

Con todo este panorama será complicado traerse un victoria de Gran Canaria, aínda que non imposible.

Despois do visto nos últimos partidos, e se cabe máis aínda coas posibles baixas, en Sara Gómez caerá bastante responsabilidade no apartado ofensivo.

Tralo encontro do sábado o que lle queda por diante ó Extrugasa é un auténtico carrusel de partidos. Ata nove encontros disputará nun mes entre Liga e Europocup.

Redacción Salnés

 


VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.

SALNÉS> Vai arrancar a temporada o Poio Futbol Sala, un club que durante este verán sufríu grandes transformacións, entre elas o cambio de nome, xa que antes era coñecido como o Ateneo Combarro. Os obxectivos son ambiciosos coa sección femenina e tamén coa masculina, que este ano se estrea.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com