Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow BARBANZA arrow Os minoristas ribeireses reclaman máis controis de venda de peixe a particulares
 
 
Os minoristas ribeireses reclaman máis controis de venda de peixe a particulares Imprimir Correo electrónico
Xoves, 02 Outubro 2008

RIBEIRA > Ademais decidiron constituirse nunha asociación para que a súa voz sexa escoitada polas administracións competentes.

Segundo os portavoces da recentemente constituida ‘Asociación Bertorella: Minoristas de Ribeira’, esta práctica, que vén sendo habitual dende hai anos, supón un importante prexuíxo para tódolos colectivos que traballan na lonxa municipal de Ribeira. Son consicentes de que se trata dun recinto aberto con dificultades para limitar o acceso pero consideran que o servizo de gardacostas debería exercer un maior control para evitar a venda de peixe e marisco por parte de persoas non autorizadas.

Riscos sanitarios

Ademais dos prexuizos económicos que supón para este colectivo, denuncian ademais os riscos sanitarios que supón a venda de produtos sen pasar por ningún control alimentario. Tamén se refiren á incomodidade de realizar o traballo con xente externa á lonxa de por medio.

Convocatoria paro

Ademais de remitir un escrito a Portos de Galicia e a Consellería de Pesca, así como ó propio concello, a asociación Bertorella, que supón o 70 por cento dos minoristas de Ribeira, convocou un paro para o próximo mércores día oito. Ademais dos membros da nova entidade, agardan que secunden o paro outros profesionais afectados, co fin de que as súas demandas sexan escoitadas dunha vez por todas.

Redacción Barbanza

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg