Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS arrow O sector do viño rexeita o anteproxecto da lei de drogodependencias
 
 
O sector do viño rexeita o anteproxecto da lei de drogodependencias Imprimir Correo electrónico
Venres, 03 Outubro 2008

vio_100.jpgSANTIAGO > Consellos reguladores, viticultores, adegueiros e sindicatos agrarios reuníronse hoxe en Santiago para asinar un novo...

... manifesto de rexeitamento ó actual anteproxecto da Lei Integral de Drogodependencias e outros Transtornos Aditivos, da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Os presidentes dos cinco Consellos Reguladores vitivinícolas de Galicia, entre outros, manifestaron a súa preocupación ante esta nova norma que podería supoñer na práctica importantes obstáculos da promoción, venda e consumo dos viños de calidade; así como outros inconvintes como perder as cuantiosas axudas económicas que a Unión Europea acaba de aprobar.

Ademais, representantes do mundo do viño de calidade defenderon a nobreza deste producto que forma parte da nosa cultura e historia.

En resumo, o que reclaman é que se retire a actual proposta e que se redacte unha lexislación propia que integre as medidas sanitarias necesarias para a protección da saúde e a prevención de consumo indebido de bebidas alcohólicas en Galicia.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg