Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS arrow O Concello denuncia o abandono da parcelaria de Vilariño
 
 
O Concello denuncia o abandono da parcelaria de Vilariño Imprimir Correo electrónico
Venres, 03 Outubro 2008

CAMBADOS > O Concello denunciou hoxe o estado de abandono no que se atopa a zona de concentración parcelaria de VilariñoHai tres anos que se abriron as pistas e desde entón os propietarios das fincas téñeno bastante complicado para traballar as terras. A maleza cobre as cunetas e moitas das fincas están a monte. E é que despois de dez anos de que se iniciase a concentración, as parcelas inda non foron entregadas, e non hai visos de que iso suceda ata 2011, polo menos.

O asunto foi debatido a pasada semana no Parlamento de Galicia. Medio Rural dixo que levaba investido nesta parcelaria millón e medio de euros, algo que nega o alcalde. Denuncia ademais que Medio Rural está a facer un negocio a costa dos veciños. Cores Tourís refírese ás masas comúns. Indica que nesta concentración hai 24, cun total de 87 mil metros cadrados. Ó rexedor non lle parece ben que boa parte desta superficie se destine a aluguer dentro do Banco de Terras.

Alcalde e a deputada autonómica Rosa Oubiña non entenden o atraso dunha concentración parcelaria de 63 hectáreas, e que mantén en vilo 352 propietarios, á espera do reparto das 501 fincas resultantes.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg