Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow O PP critica os Orzamentos do Estado e o PSOE di que a aposta do Goberno segue a ser alta
 
 
O PP critica os Orzamentos do Estado e o PSOE di que a aposta do Goberno segue a ser alta Imprimir Correo electrónico
Luns, 06 Outubro 2008

CAMBADOS > 'Desastrosos'. Así cualifica o PP do Salnés os Orzamentos de 2009 que propón o Goberno central para a comarca. Segundo os alcaldes e portavoces populares, son unhas contas de castigo, onde non aparecen proxectos que se esperaban, e no que outros que aparecían antes e nunca se executaron, xa non figuran.

Os populares cifran en 15 e non en 19 os millóns de euros que o Estado prevé investir no Salnés o vindeiro ano. Discrepan polo tanto dos datos aportados por Domingo Tabuyo. O PP di que o deputado socialista no Congreso inflou as contas incluíndo partidas que son para Caldas ou para Valga.

Segundo os cálculos do PP, o Estado investirá só 170 euros por cada veciño do Salnés, cando en toda Galicia o investimento será de 729 euros, e a media estatal, de 549. Ante isto, os populares cuestiónanse se o BNG apoiará novamente os Orzamentos en Madrid. 

RÉPLICA DE TABUYO

Para o deputado socialista no Congreso Domingo RTabuyo, 'os datos son claros e contundentes, Galicia nunca estivo tanto nos Presupostos Xerais do Estado'. Engade que no Salnés 'a aposta segue a ser alta: 6 millóns de euros para o novo acceso ó Porto de Vilagarcía e para a Rehabilitación do Mercado 100.000, para ampliación e melloras no Porto de Vilagarcía, 13,4 millóns, xa suman 19.500.000 euros'.

Tabuyo dille ó PP ' que se queren que lles engada o de Caldas, pasamos a sumar 4.500.000 euros máis, é dicir 24 millóns e medio de euros'. O deputado insiste en que 'as contas son boas, solucionan problemas e superan as contas do PP nos seus anos de goberno'.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg