Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Salnés-Caldas arrow ¡Tenche coña, a cousa!
 
 
¡Tenche coña, a cousa! Imprimir Correo electrónico
Mércores, 08 Outubro 2008
Lendo os diarios, se un é relixioso ten que facer o sinal da cruz, cando le que nos concellos os alcaldes e os concelleiros liberados, liberados non sei de qué, será da preguiza, conxelaran o soldo para facer frente a crise. Hai quen di que había que conxelar os políticos como se foran monecos de xeo, e zouparlles pelotas de xeo, dado o que algúns fan cos veciños cando chegan a ter un carguiño. Pois embromaría que aínda de estar cobrando, cando debía ser un servicio a comunidade gratuito de quen quixeran facelo ou puideran, sen cartos nin favores xa que ninguén os obriga, ou de cobrar cobraran da cordo co que no seu traballo ganaban, ou dado que a súa economía llo permitira. Pero o de conxelar, venme que si teñen que aumentar, tamén aumentaran o mesmo ou igual que o IPC, o PIB ou e Euribor. Tenche coña a cousa, de que aumentaran os soldos, cando xa os que teñen postos, coido que non hai ningún por debaixo do que terían normal, algúns no seu traballo e os que non tiñan traballo, que andaban a brincos de matorreira en matorreira, xa me dirán, pois poucos son os que tendo mellor soldo no seu oficio, emprego ou carreira, se meten nos concellos por altruísmo de axudar o pobo, que é o que sempre votan por diante. Axúdanse a eles mesmos, eso sí, xa se está vendo en todo o País, sexan do partido que sexan.

Hoxe non poño una uña nun picadeiro, apostando que se poden contar cos dedos das mans os que van os concellos por ven dos demais. E sigo dicindo que o que vai, ten dous pensamentos, mellor tres, gañar un soldo, pois esto agora xa é un oficio ou carreira política, según na escala que estés, de concellal ou alcalde, por ter certo poder sobor dos veciños y por chegar a postos mais altos na política do partido, conseguindo así mais cartos, mais poder e mellor posto.

Da vergoña ver como moitos que case lles custa ler e escribir, andan nestas "festas", só lle falta que anden co traxe novo e gravata, para ser uns señoritos e que lle digan bo día don Xosé ou dona Pepita. ¡E falaban dos caciques de antes! Hoxe sen clase para ser caciques, son peores e cobran, cousa que o cacique de antes seica xa era rico por casa, e só facía favores, inda que algúns llo pagaran ben pago.

¡De verdade que xa son moi andado, para recoñecer estas cousas novas, cando xa vin tanto, e o que agora vexo, e moito fachendoso que se creen por enriba de todos! ¡Qué cobren, qué cobren, pero que miren polo que se lle encomenda, senón haber se xuntan para o seuŠ!
 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg