Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow O Extrugasa remonta en Madrid e volve pola senda do triunfo
 
 
autonmicas09_top.jpg
O Extrugasa remonta en Madrid e volve pola senda do triunfo Imprimir Correo electrónico
Luns, 13 Outubro 2008

baloncesto250_131008.jpgVILAGARCÍA > Despois dunha semana difícil, sobre todo dende a derrota do mércores ante o Celta Indepo, o Extrugasa reaccionou do mellor xeito posible. Victoria das vilagarciáns en Madrid ante o Estudiantes tras facer un último cuarto primoroso no que lle deron a volta ó marcador.

Triunfo do Extrugasa no pavillón de Magariños ante o Estudiantes por 70-76 o que lles deixa quintas na clasificación con dúas victorias en tres partidos e a un paso de acadar o seu primeiro obxectivo: gañar tres dos cinco primeiros encontros.

Mellorou o equipo aínda que non excesivamente. Cunha Sara Gómez desacertada, esta vez tocoulle asumir o mando en ataque a Tamera Young, que asinou 22 puntos con boas porcentaxes. Secundárona  Arantxa Novo e Miriam Herrera con 17 e 14 cada unha.

O encontro estivo do lado das madrileñas durante 34 minutos; a seis para o final o Extrugasa ía 8 abaixo no marcador. Ahí, Isaac fernández xogouse o todo polo todo, pedíu un tempo morto, meteu en cancha a un quintento de baixiñas con Asurmendi, Novo, Young, Zlatanova e Herrera, e os tiros comezaron a entrar e a defensa a funcionar.

Dous triples consecutivos de Arantxa iniciaron a remontada para acabar asinando un parcial de 0-18 que foi decisivo neses últimos minutos e déulles a victoria.

Melloraron os números das vilagarciáns con respecto ó mercores: pasaron a ter un 51% de acerto no tiro polo 31% que tiveran ante o Celta e capturaron 13 rebotes máis.

O seguinte rival será o Ibiza ó que recibirán en Fontecarmoa o vindeiro sábado ás 19:30.

O Inelga pola súa banda colleitou a súa terceira derrota da temporada desta volta en Lugo e ante o Estudiantes por 60-58. Un partido no que as defensas se impuxeron ós ataques; os locais alternaron defensa en zona e individual o que propiciou moitas perdas de balón por parte dos vilagarciáns nos derradeiros minutos, ós que chegara con opcións de victoria. Juan Mato, con 14 puntos e 11 rebotes foi de novo o mellor xogador do Inelga.

Redacción Salnés

 


terceira250_120310.jpgSALNÉS> O Vilalonga volve a xogar na casa e desta volta recibe a un dos candidatos a a meterse na fase de ascenso, o Narón, que chega á cita terceiro. O Céltiga non xogará esta fin de semana.

preferente250_120310.jpgSALNÉS> Na Preferente Sur agárdanos unha xornada interesante. Por arriba continúa a estar apretadísima a clasficación polo que cada tropezo ou cada victoria de aquí ó remate da liga cobra unha maior importancia. Haberá derbi na Senra entre Ribadumia e Portonovo mentres que o Sanxenxo visita ó Barbadás e o Arousa ó Tomiño.

poio250_110310.jpgPOIO> Margarita Caldas, concelleira de deportes de Poio, presentou esta mañá a Carreira Popular por Haití que neste municipio vaise celebrar o vindeiro domingo. Ademais, levaranse a cabo varias exhibicións co obxectivo de recadar fondos para os afectados polo terremoto que sacudiu ó país caribeño o mes pasado.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com