Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow O Extrugasa paga o esforzo da Eurocup e cae en Zaragoza
 
 
O Extrugasa paga o esforzo da Eurocup e cae en Zaragoza Imprimir Correo electrónico
Luns, 27 Outubro 2008

baloncesto250_271008.jpgSALNÉS > O conxunto vilagarcián pagou o cansancio acumulado do partido de Eurocup do xoves e caeu con claridade en Zaragoza ante o Mann Filter. A boa nova da xornada deuna o Inelga que acadou a súa segunda victoria consecutiva coa que mira xa á parte alta da clasificación.

O Extrugasa encaixou a súa primeira derrota como visitante esta temporada no Pavillón Siglo XXI, ante o Mann Filter Zaragoza, co que caeron por 80-66.

Un partido no que as vilagarciáns acusaron o desgaste do encontro ante o Pallacanestro Ribera do xoves, pola intensidade coa que xogaron e pola falta de profundidade de banquiño que agora sufre o conxunto vilagarcián.

O choque dedicíuse practicamente na primeira metade, cun arranque moi forte das locais que comezaron a abrir brecha xa nos primeiros minutos. A falta de acerto no xogo exterior e a debilidade á hora de capturar rebotes condenou ás de Isaac Fernández, que encaixaron un 49 – 30 antes do descanso.

Enfronte atopáronse ademais a unha Latoya Thomas inspiradísima que acadou 29 puntos cunhas porcentaxes espectaculares de acerto, 71% en tiros de campo, ó que lle sumou 7 rebotes. Estivo ademais ben secundada pola súa tocaia Latoya Turner, que fixo 13 puntos e 11 rebotes. Tamera Young foi de novo a máxima anotadora do Extrugasa con 14.

A segunda metade foi un mero trámite, un quero e non podo por parte das vilagarciáns que aínda así recurtaron as diferencias para deixalas no 80-66 final. Agora toca pensar de novo na Eurocup xa que este mércores visítan a cancha do líder da Liga Francesa o Tarbes. O líder da española, o Rivas Ecópolis, visitará Fontecarmoa o domingo. Dous rivais, sen dúbida, de altura.

O Inelga, pola súa banda, acadou en Valladolid unha traballada victoria por 70-72 na cancha do Maristas Boecillo. Os Juan Espiñeira levaron o ritmo do encontro e a iniciativa no marcador durante todo o partido, pero non foi ata o terceiro cuarto cando lograron escaparse trece puntos arriba.

A boa defensa local non últimos minutos puxo en risco a victoria vilagarcián, que finalmente non se escapou. O Inelga queda agora cuarto na táboa comandando a un amplo grupo de equipos que teñen tres victorias e tres derrotas nas seis xornadas disputadas.

Redacción Salnés

 


VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.

SALNÉS> Vai arrancar a temporada o Poio Futbol Sala, un club que durante este verán sufríu grandes transformacións, entre elas o cambio de nome, xa que antes era coñecido como o Ateneo Combarro. Os obxectivos son ambiciosos coa sección femenina e tamén coa masculina, que este ano se estrea.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com