Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow O Rivas sufríu ata o final para vencer en Fontecarmoa
 
 
O Rivas sufríu ata o final para vencer en Fontecarmoa Imprimir Correo electrónico
Luns, 03 Novembro 2008

baloncesto250_031108.jpgVILAGARCÍA > O Extrugasa estivo a piques de da-la sorpresa ante o Rivas Ecópolis pero ó final caeu por dous puntos de diferencia (61-63). As vilagarciáns supliron con esforzo e ambición as súas carencias no xogo interior e de profundidade de banquiño para poñer en serios apuros ó líder da Liga Feminina.

Por pouco o Extrugasa non acadou  a victoria ante o ata o de agora intratable Rivas Ecópolis, líder invicto da Liga nas seis xornadas que van disputadas. A mala sorte ou a falta de templanza nos instantes finais privoulles do triunfo.

A once segundos para o remate e con empate no marcador, Tamera Young dispuxo dun lanzamento sinxelo co que puido cambiar o signo do encontro; errou e no ataque posterior case sobre a bociña as madrileñas non perdoaron e leváronse o partido por un apretado 61-63.

Antes, na primeira metade o Extrugasa fixo un moi bo encontro. Correctas en defensa e acertadas en ataque, levadas sempre por Tamera Young e Sara Gómez, que fixeron 19 e 13 puntos respectivamente.

Con elas ó mando o conxunto vilagarcián foi quen de irse con vantaxe ó descanso, 38-36. No terceiro cuarto cambiou a decoración e o Rivas endosoulle un parcial de 7-20 que semellaba definitivo; as diferencias fóronse por enriba dos dez puntos.

Pero ahí apareceu a casta, a ambición destas xogadoras que a sabendas de que teñen un plantel corto de efectivos e débil no xogo interior, deixanse a pel para suplir estas carencias. Young liderou a reacción no derradeiro cuarto e Arantxa Novo, cun triple, puxo ás de Isaac Fernández por diante no último minuto. Despois veu o desenlace.

O Extrugasa queda décimo na táboa, con dúas victorias e catro derrotas e agardando o desplazamento a vindeira semana á cancha do Hondarribia. Antes, o xoves, xogarán en Portugal, en Coimbra, ante o Olivais o terceiro partido de Eurocup, no que parten como favoritas.

Redacción Salnés

 


VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.

SALNÉS> Vai arrancar a temporada o Poio Futbol Sala, un club que durante este verán sufríu grandes transformacións, entre elas o cambio de nome, xa que antes era coñecido como o Ateneo Combarro. Os obxectivos son ambiciosos coa sección femenina e tamén coa masculina, que este ano se estrea.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com