Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow O Olivais sorprende a un descoñecido Extrugasa (74-72)
 
 
O Olivais sorprende a un descoñecido Extrugasa (74-72) Imprimir Correo electrónico
Venres, 07 Novembro 2008

baloncesto250_071108.jpgSALNÉS > Saltou a sorpresa onte en Coimbra e o Extrugasa perdeu na súa visita á cancha do Olivais. Mal partido das vilagarciáns que non terán moito tempo para recuperarse do cansancio xa que mañá volta a Liga. Tamén xogará o Inelga en Liga EBA despois da xornada de descanso.

Complícase a clasificacón do Extrugasa para a vindeira rolda da Eurocup despois da derrota de onte en Portugal. As vilagarciáns non fixeron un bo partido e caeron con xustiza ante un rival que basou o seu xogo en tres xogadores: Freitas, Parham e Anderson, que fixeron 72 dos 74 puntos do seu equipo. Por parte do extrugasa a búlgara Zlatanova foi a mellor con 25 tantos.

As de Isaac Fernández non estiveron ben, sobre todo na faceta ofensiva; perderon demasiados balóns e fixeron as cousas máis complicadas do que realmente eran. Ademais, a actuación do árbitro nos últimos minutos axudou para que a victoria quedara na casa. Con 74-71 e o crono case a cero, Zlatanova dispuxo de tres tiros libres para levar o encontro á prórroga; errou o primeiro, meteu o segundo e fallou o terceiro a propósito en busca dun rebote, que capturou Sara Gómez pero que despois non fixo canastra.

No outro partido do grupo, o Tarbes gañou con sufrimento na pista do Ribera por 64-65, polo que as francesas quedan primeiras, invictas, e o Extrugasa sumido nun triple empate que lles obriga a vencer na casa ás portuguesas e probablemente tamén ás italianas na súa pista.

Sen tempo practivcamente para o descanso, viaxan hoxe cara o País Vasco onde mañá se enfrontarán ó Hondarribia na séptima xornada ligueira.

O Inelga pola súa banda, volve á competición despois de descansar a semana pasada ante o Marín Peixegalego, coa intención de sumar a súa terceira victoria consecutiva. O técnico Juan Espiñeira non poderá contar con Marcos Rozas, que sofre unha rotura de fibras, mentres que son dúbida Moisés Martínez, que non se adestrou esta semana por estar a trevesar un proceso gripal e Nacho García, cunha contractura. O encontro dará comezo ás 19:30.

Redacción Salnés

 


VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.

SALNÉS> Vai arrancar a temporada o Poio Futbol Sala, un club que durante este verán sufríu grandes transformacións, entre elas o cambio de nome, xa que antes era coñecido como o Ateneo Combarro. Os obxectivos son ambiciosos coa sección femenina e tamén coa masculina, que este ano se estrea.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com