Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow Continúa o calvario para Rasoeiro a Albariño Agnusdei
 
 
Continúa o calvario para Rasoeiro a Albariño Agnusdei Imprimir Correo electrónico
Martes, 11 Novembro 2008

balonman250_111108.jpgSALNÉS > O Agnusdei perdeu de xeito incontestable na pista do Magope mentres que o Rasoeiro plantoulle cara ó líder Viña Costeira pero ó final caeu por dous goles de diferencia. Ambos equipos desexan que remate canto antes esta parte da competición para comezar xa a fase de salvación.

Con partidos como o desta fin de semana non se entende como o Rasoeiro pode ser o pechacancelas do seu grupo na Primeira do balonmán galego.

Os grovenses mantiveron o tipo ante o líder Viña Costeira ata os minutos finais pese a sufrir unha auténtica plaga de lesións. Ás baixas que xa presentaban antes do encontro engadíronse pronto as de Juanjo e Borja, dous homes importantes no conxunto meco, que tivéronse que retirar con sendas lesións.

Así as cousas, Jaime García dispoñía de tan só sete xogadores de campo, seis máis un recambio, Chechu, que precisamente aínda non debutara en liga este ano por problemas nun nocello.

Con todo, aguantaron o tirón na primeira metade a base de seriedade defensiva e chegaron á pausa con 11-11 no marcador.

Tralo paso polos vestiarios continuou a mesma tónica de igualdade ata os cinco minutos finais, onde os locais, a sabendas do cansacio dos xogadores do Rasu, aumentaron o ritmo de encontro e aproveitaron a súa maior frescura para levarse o partido por 24-22.

Enésima derrota do Rasoeiro por escasa diferencia; son xa seis partidos os que se lle escaparon sempre por unha estreita marxe de goles.

Non lle foron mellor as cousas ó Albariño Agnusdei que caeu na pista do Magorpe Seis do Nadal por 34-22, co que continúa último do Grupo B e aínda sen puntuar. De novo as exclusións e falta de fondo físico xogou unha mala pasada ós meañeses; tiveron ó seu rival contra ás cordas ata falta de 15 minutos para o remate. Ían 22-20 e tiñan posesión para poñerse a un. Pero ahí apareceron as exclusións, tres nun mesmo minuto, que os locais aproveitaron para endosarlle un parcial de 12-2 que foi definitivo.

Touza, con 12 tantos, foi o máis destacado polo Agnusdei.

Redacción Salnés

 


VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.

SALNÉS> Vai arrancar a temporada o Poio Futbol Sala, un club que durante este verán sufríu grandes transformacións, entre elas o cambio de nome, xa que antes era coñecido como o Ateneo Combarro. Os obxectivos son ambiciosos coa sección femenina e tamén coa masculina, que este ano se estrea.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com