Advertisement
Inicio arrow DEPORTES arrow Histórica goleada do Barbeito ante o Concello de Villamartín
 
 
Histórica goleada do Barbeito ante o Concello de Villamartín
Martes, 11 Novembro 2008

futbolsala250_111108.jpgSALNÉS > Pinchazo do Grupo Junquera, empatou na súa visita ó Trabada (3-3). Pese a todo continúa terceiro, agora seguido moi de preto polo Hermanos Barbeito que meteulle 16 goles ó Villamartín.

Intenso partido o que se vivíu en Trabada, entre o conxunto local (filial do Burela F.S. de Divisíón de Prata) e o Grupo Junquera. Non foi un dos mellores encontros da temporada dos de Diego Mollinedo. Faltoulle quizais a chispa e a velocidade no xogo que os ten feito imparables ante moitos rivais neste primiero tramo de liga.

Esta fin de semana, xogaron cunha marcha menos posta e moi incomodados por un rival que tiña moi claras as armas a utilizar: saídas rápidas e balóns en longo do porteiro buscando a xogada directa.

 

Sufriron os vilagarciáns porque tiveron que remar contracorrente boa parte do encontro. Xa ó descanso caían por 2-1 e a diferencia incrementouse no inicio da segunda metade. A falta de 5 minutos, co 3-1 abaixo no electrónico, Mollinedo deicidíu arrsicar, poñer en pista porteiro-xogador e a aposta saíulle ben.

Primeiro Gelabert e depois Juancar sobre a mesma bociña, cando o partido expiraba, acadaron unha igualada que os mantén terceiros na xeral. 

Incrible partido o que se puido presenciar en Baltar. Había tempo que non se veía unha goleada tan escandalosa, 16 levouse no saco o Villamartín, que marcou dous goles que para nada maquillan o resultado.

Partido prácticamente sen historia dende o saque inicial; os portonoveses acadaron dous tantos no primeiro minuto por mediación de Manolo e Pibe que puxeron as cousas moi de cara.

A superioridade foi aplastante e chegaron xa ó descanso cun 8-0 favorable no marcador. Na segunda metade máis do mesmo; goles e máis goles e dominio total do Barbeito; Pibe con catro tantos foi o máximo artilleiro.

Tras este encontro, agora chega o importante; a vindeira semana visitan ó Loureiro, líder da competición. Aínda que os cesureños deberían se cabe estar máis preocupados porque lles visita un conxunto que leva seis victorias consecutivas, con goleadas incluidas, e 63 tantos a favor en 9 partidos, 7 de media por encontro.

Este choque pode marcar boa parte do futuro do Barbeito este ano na Nacional B.

Redacción Salnés

 

 


 SALNÉS> Remtaou a temporada futbolística na Terceira e na Preferente e fíxoo en xeral, con malas novas. Ó descenso do Céltiga hai unhas semanas, úníuse onte o do Vilalonga, que perde a categoría nove anos depois. Na Preferente, o Portonovo caeu en Carballiño e perdeu a posibilidade de ascender. Tamén picou o Sanxenxo que finaliza a liga quinto. O Arosa foi o único que cumpríu e xogará o playoff dos terceiros, agardando un ascenso galego a 2ª B que permita ó Salnés manter representación na Terceira División.

 BARBANZA> A carreira, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e co patrocinio da Deputación da Coruña, arrancará o vindeiro venres 24 de maio en Padrón.

 BOIRO> O empate a uns en Mugardos lévaos 22 anos despois á categoría nacional pola que levan tempo loitando.

canalriasbaixas_tv.jpg
Quen é o culpable do problema das "Preferentes"
 
Arquivo
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

caja_newsletter.gif

¿ Como sintonizarnos en TDT ?