SALNÉS> Remtaou a temporada futbolística na Terceira e na Preferente e fíxoo en xeral, con malas novas. Ó descenso do Céltiga hai unhas semanas, úníuse onte o do Vilalonga, que perde a categoría nove anos depois. Na Preferente, o Portonovo caeu en Carballiño e perdeu a posibilidade de ascender. Tamén picou o Sanxenxo que finaliza a liga quinto. O Arosa foi o único que cumpríu e xogará o playoff dos terceiros, agardando un ascenso galego a 2ª B que permita ó Salnés manter representación na Terceira División.
| Chega o parón de Nadal cos deberes a medio facer |
| Luns, 22 Decembro 2008 | |
|
Unha vez máis o Arousa volveu a amosar tódalas súas carencias. Desta volta foi o Narón o que se levou a victoria da Lomba (1-3) e deixou ós de Laxes cos mesmos puntos que o Somozas, que ocupa a última praza de descenso. Os visitantes servíronse dun gol tempraneiro para manexar o encontro con tranquilidade. Ó pouco de comezar a segunda metade Álex López facía o segundo ante a pasividade da defensa arlequinada. Luis Alberto reducíu diferencias a cinco para o final cun bo testarazo, pero non chegou a remontada, chegou o terceiro, de Efrén, co tempo cumprido e nunha xogada na que arrancou, presumiblemente, en fóra de xogo. Así as cousas, son sete as xornadas xa que leva sen gañar. Un dos que máis satisfeitos pode estar é o Vilalonga, que arrincou un empate da súa visita ó complicado Manuel Anxo Cortizo (0-0). Partido carente de bo fútbol, debido ó mal estado do terreo de xogo, que fixo que os dous conxuntos abusasen do xogo directo. Poucas ocasións de gol e moita loita para unhas táboas sen goles que se antollan xustas. Tamén empatou sen goles o Portonovo e a domicilio no José Argiz, nun partido ben planteaxo por Milucho, cunha defensa de cinco que fixo que os locais non dispuxesen de moitas ocasións. Os portonoveses limitáronse a defender e intentar saír as contras, fórmula que lle servíu para acadar un punto e sumar así a súa quinta xornada consecutiva sen perder. O Céltiga pola súa banda caeu en Barreiro ante o Gran Peña (2-1), tras realizar unha mala primeira metade. Os de Josiño, moi condicionados polas baixas, reaccionaron tarde, cando xa ían 2-0 no marcador. Adrián fixo o tanto dos da Illa, de penalti, e o Gran Peña aguantou o tirón final do Céltiga, pese a rematar os locais o encontro con nove xogadores. Redacción Salnés |


SALNÉS > Mala xornada na Terceira División para os equipos do Salnés. Dúas derrotas e dous empates, se cadra o máis positivo o que acadou o Vilalonga nun campo complicado como o do Lalín. Preocupante a situación do Arousa que caeu de novo na Lomba.
BARBANZA> A carreira, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e co patrocinio da Deputación da Coruña, arrancará o vindeiro venres 24 de maio en Padrón.
BOIRO> O empate a uns en Mugardos lévaos 22 anos despois á categoría nacional pola que levan tempo loitando.

