Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Quintana fai un chamamento ós galegos para incrementa-lo peso do BNG na política estatal
 
 
autonmicas09_top.jpg
Quintana fai un chamamento ós galegos para incrementa-lo peso do BNG na política estatal Imprimir Correo electrónico
Mércores, 07 Xaneiro 2009

cabodanocastelao_100_070109.jpgRIANXO > No acto de homenaxe a Castelao no 59 cabodano da súa morte participaron numerosos simpatizantes e militantes da formación frentista.

Na súa intervención o portavoz nacional e candidato á presidencia da Xunta polo BNG, Anxo Quintana, fixo referencia á importancia das vindeiras eleccións autonómicas. Segundo el estes comicios serán unha proba de confianza no país para tódolos galegos, xa que o que se decide o próximo un de marzo é a calidade do noso autogoberno.

Balance positivo

O vicepresidente da Xunta valorou tamén a actuación dos nacionalistas no goberno galego nestes últimos catro anos como un claro exemplo de esforzo e intelixencia, poñendo como exemplo as políticas levadas a cabo dende áreas como Medio Rural ou Industria.

Estatuto Autonomía de Galicia

Como non podía ser doutro xeito Quintana tamén se referiu ó debate existente sobre o novo Estatuto de Autonomía para Galicia. Así propuxo catro cuestións fundamentais para o novo Estatuto galego: o recoñecemento nacional de Galicia; un catálogo de competencias blindado e ampliado respecto do actual; un sistema de financiamento xusto e un status xurídico para o galego ó mesmo nivel que o castelán. 6

Ofrenda floral

Tralo acto político celebrado na casa de cultura rianxeira, os participantes na homenaxe, entre os que se atopaban pesos pesados da formación frentista como é o caso de Francisco Jorquera ou Carlos Aymerich, desprazáronse a pé polas rúas do casco urbano ata o paseo da Ribeira. Alí a carón do busto de Castelao, o portavoz nacional e candidato á presidencia da Xunta polo BNG, Anxo Quintana, e a voceira desta formación política en Rianxo, Adelina Ces, realizaron a tradicional ofrenda floral. O acto rematou coa interpretación do himno galego.

Redacción Barbanza

 


Publicidade canalriasbaixas.com
¿ Como sintonizarnos en TDT ?