SALNÉS> Remtaou a temporada futbolística na Terceira e na Preferente e fíxoo en xeral, con malas novas. Ó descenso do Céltiga hai unhas semanas, úníuse onte o do Vilalonga, que perde a categoría nove anos depois. Na Preferente, o Portonovo caeu en Carballiño e perdeu a posibilidade de ascender. Tamén picou o Sanxenxo que finaliza a liga quinto. O Arosa foi o único que cumpríu e xogará o playoff dos terceiros, agardando un ascenso galego a 2ª B que permita ó Salnés manter representación na Terceira División.
| Victoria do Junquera que o coloca preto dos primeiros |
| Martes, 24 Febreiro 2009 | |
|
Bo partido o realizado polo Grupo Junquera na súa visita ó Redondela. A diferencia na táboa clasificatoria daba como favoritos ós vilagarciáns, xa que o seu rival tan só sumara catro puntos no que vai de liga, pero os locais puxéronlle-las cousas complicadas. Con todo, o dominio e as ocasións foron sempre dos de Juancar que volveron a perdoar en exceso, desta volta diante do meta Diego, o mellor do Redondela. Non tardaron en avisar os vilagarciáns, que xa nos primeiros minutos rondaron o gol, sobre todo en dous mans a man de Ángel e Gelabert, que non souberon decidir. Houbo que agardar ata o minuto nove para ver o primeiro tanto, que chegou tras unha boa xogada persoal de Marcos, rematada por Fran a porta baleira. Lonxe de virse abaixo, o Redondela acadou o empate tras aproveitar unha perda de balón no medio campo do Junquera. Pero os de Juancar conseguiron marcharse ó descanso en vantaxe tras culminar de novo Fran, unha boa xogada entre Oscarín e Marcos xa na recta final do primeiro acto. Na segunda metade o dominio seguíu sendo do Junquera ó que lle faltou acadar un tercer tanto para pechar o encontro, aínda vivo pola incertidume do marcador, non polo xogo. Non sería ata o minuto 37 cando outra vez Fran puxo a sentencia e asinou na súa conta persoal un meritorio hat-trick. Con esta victoria o Junquera sitúase quinto na xeral a dous puntos do terceiro clasificado, o Caloto, que esta semana caeu no partido da xornada ante o Cesuras. Precisamente o conxunto cesureño aproveitou o descanso do Viajes Interrías para recurtar tres puntos ós portonoveses e situarse a tan só dous do liderato, aínda que conta a día de hoxe cun partido máis disputado. A semana que ven tanto Interrías como Grupo Junquera terán dous compromisos a priori asequibles ante o La Crema e o Troula, respectivamente. Redacción Salnés |


SALNÉS>
BARBANZA> A carreira, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e co patrocinio da Deputación da Coruña, arrancará o vindeiro venres 24 de maio en Padrón.
BOIRO> O empate a uns en Mugardos lévaos 22 anos despois á categoría nacional pola que levan tempo loitando.

