Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Alumnos do CEIP de Vilaxoán aprenden o valor da igualdade laboral
 
 
Alumnos do CEIP de Vilaxoán aprenden o valor da igualdade laboral
Venres, 06 Marzo 2009

ceip_vilaxoan_100_060309.jpgVILAXOÁN> Catro traballadoras explicaron ós cativos que non hai profesións exclusivas de homes nin de mulleres.

 

María López como condutora de autobuses, Goreti Freire de operadora dunha Ferraría, Estefanía Pombo, traballadora de obras e Mari Gontad, xardineira, son só unha pequena mostra das moitas mulleres que cada día acceden a postos de traballo tradicionalmente reservados ós homes. Elas aseguran que o que capacita para desempeñar unha profesión é a formación e dedicación, desterrando os mitos do esforzo físico.

Ante un público formado por alumnos de seis a doce anos do colexio de Vilaxoán, as traballadoras responderon a algunhas das curiosidades dos cativos.

Con este tipo de encontros os educadores pretender ir inculcando nos rapaces os valores de igualdade social e laboral entre homes e mulleres, unha formación que, segundo os mestres, comeza no colexio, pero ten que seguir na casa.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?