Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Unha guía didáctica achega a historia de Sanxenxo ós rapaces do municipio
 
 
Unha guía didáctica achega a historia de Sanxenxo ós rapaces do municipio Imprimir Correo electrónico
Martes, 10 Marzo 2009

sanxenxo_raices_de_mar_100_100309.jpgSANXENXO> Os editores de 'Sanxenxo, raíces de mar' imparten charlas educativas nos colexios de Dorrón, Noalla e Vilalonga.

 

Os contidos do libro, explicados co apoio de diapositivas, van desde curiosidades e datos sobre arqueoloxía, Castros, Mámoas, ata os mais recentes hórreos e pazos. O Medio Ambiente, as parroquias ou lugares, chegaron esta mañá aos alumnos e alumnas de terceiro, cuarto, quinto e sexto do colexio de Dorrón. O obxectivo das charlas é o mesmo que o da guía: dar a coñecer os aspectos mais descoñecidos da historia de Sanxenxo.

Despois da presentación tivo lugar unha charla coloquio sobre o exposto, onde os rapaces puideron facer preguntas e intercambiar impresións. Os alumnos, tiñan moi claro o que mais lles gustou: as fotografías inéditas das escavacións arqueolóxicas na Lanzada, dos anos setenta. Esas e outras curiosidades, atópanse na guía didáctica, 'Sanxenxo, raíces de mar'.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?