Advertisement
Inicio arrow DEPORTES arrow O Portonovo deixa escapar un partido que tiña gañado
 
 
O Portonovo deixa escapar un partido que tiña gañado
Xoves, 30 Abril 2009

SANXENXO> O Portonovo deixou escapar un partido que tiña perfectamente controlado e gañado, con 3 goles a cero no minuto 75. Ata ese momento o equipo de Marcos Canle foi moi superior ó Santa Comba que xa non se xoga nada na liga. Dous erros garrafais permitiron a remontada do rival e o empate a 3 - 3 definitivo.

Os arlequinados saíron a por todas. No minuto 37 Álex abriu o marcador ó transformar un penalti. Pouco antes do descanso, Castilla marcaba un golazo, o segundo para o Portonovo. O terceiro chegou na segunda metade, no minuto 56, obra de Álex e todo parecía sentenciado.

Pero no 76 Castilla marcou en propia meta e aquí arrancaron 15 minutos desastrosos para os locais. Un minuto máis tarde Iván recortaba distancias para o Santa Comba. E para sorpresas de todos o empate chegou noutra xogada desgraciada con gol en propia meta de Víctor.

O Portonovo buscou o triunfo, pero este xa se lle escapara e con el pode que a permanencia tamén. O domingo xoga de novo en Baltar e medirase ó Verín, acomodado na metade da táboa. Os dous encontros seguintes serán contra rivais directos pola permanencia: o Pontevedra B e o Gran Peña.

Redacción Salnés

 


 SALNÉS> Remtaou a temporada futbolística na Terceira e na Preferente e fíxoo en xeral, con malas novas. Ó descenso do Céltiga hai unhas semanas, úníuse onte o do Vilalonga, que perde a categoría nove anos depois. Na Preferente, o Portonovo caeu en Carballiño e perdeu a posibilidade de ascender. Tamén picou o Sanxenxo que finaliza a liga quinto. O Arosa foi o único que cumpríu e xogará o playoff dos terceiros, agardando un ascenso galego a 2ª B que permita ó Salnés manter representación na Terceira División.

 BARBANZA> A carreira, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e co patrocinio da Deputación da Coruña, arrancará o vindeiro venres 24 de maio en Padrón.

 BOIRO> O empate a uns en Mugardos lévaos 22 anos despois á categoría nacional pola que levan tempo loitando.

canalriasbaixas_tv.jpg
Quen é o culpable do problema das "Preferentes"
 
Arquivo
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

caja_newsletter.gif

¿ Como sintonizarnos en TDT ?