VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.
| Cambados clausura o obradoiro de emprego As Telleiras |
|
|
| Martes, 30 Xuño 2009 | |
|
CAMBADOS> O Obradoiro de Emprego As Telleiras, de Cambados, clausurouse esta mañá. Nos últimos doce meses, corenta persoas desempregadas recibiron formación en albanelería, cantería, carpintería, xardinería e medio ambiente. Os encargados de darlles os diplomas foron o alcalde e maila xefa territorial da Xunta en Pontevedra. Ana Ortíz destacou a aposta da Xunta pola formación de profesionais en oficios tradicionais e animou ós alumnos a aproveitar o aprendido para introducirse no mundo laboral. Amais de coñecementos teóricos, os alumnos desenvolveron diversas obras, como a creación dunha área recreativa en Covas de Lovos, as beirarrúas de Vilariño, a recuperación de rutas de sendeirismo e de fontes e lavadoiros. O Concello destacou que as actuacións deste Obradoiro contribuíron a mellorar a imaxe de Cambados, ademais de a recuperar espazos e patrimonios como a praia das Saíñas e as antigas telleiras do Facho, na parroquia de Castrelo. O Concello de Cambados xa ten presentado na Xunta o proxecto para continuar co obradoiro As Telleiras. Redacción Salnés |














