Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Comezan as rebaixas de verán con descontos de ata o setenta por cento
 
 
autonmicas09_top.jpg
Comezan as rebaixas de verán con descontos de ata o setenta por cento Imprimir Correo electrónico
Mércores, 01 Xullo 2009

iniciorebaixas_100_010709.jpgBARBANZA> Os carteis de rebaixas comezaban a colgar este mércores dos escaparates ofertando descontos de ata o setenta por cento.

A tempada de rebaixas estivais que se inicia promete ser moito máis agresiva cas anteriores, nun contexto de crise económica que fai disparar os descontos ata o setenta por cento, nalgúns casos. Habitualmente, os establecementos iniciaban a tempada con descontos moito máis tímidos, entre o 20 e o 30 por cento, e reservaban os grandes saldos para a fin das rebaixas. Agora a cousa cambiou e para atraer clientes non queda máis que rebaixar o máximo dende o principio.

Este ano ademais, o mal tempo non axudou a dar saída á mercancía de verán polo que as empresas contan con demasiado stock que vender.

Nesta primeira xornada, a pesar de que non había demasiado movemento, os primeiros compradores xa se deixaron ver polas tendas. Todos coincidían no elevado do descontos e na necesidade de que cheguen os periodos de rebaixas para poder realizar as compras.

Os comerciantes agardan que estas rebaixas, nas que cada galego gastará unha media de 81 euros, contribúan a salvar unha das peores campañas de verán dos últimos anos.

Redacción Barbanza

 


Publicidade canalriasbaixas.com
¿ Como sintonizarnos en TDT ?